A Ribeira Sacra é unha zona de produción de viño cunha superficie de 2.500 hectáreas de viñedo, que representan o 5,2% do terreo dedicado aos viñedos en Galicia. Inclúe parroquias e lugares de 20 concellos situados á beira do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e ao norte de Ourense.