Lorem ipsum dolor sit amet

Denominación de Orixe Monterrei

Monterrei está ao sureste de Ourense. O territorio amparado está englobado por Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós, establecendo dúas subáreas distintas: Val de Monterrei e Ladeira de Monterrei.

Estamos nun territorio fortemente ligado á produción de viño durante 2.000 anos. Foi estratexicamente a porta de entrada á viticultura en Galicia. Proba diso foron os achados aparecidos na zona, como a aldea agrícola da Muradella en Mourazos (Verín), na que se atopou o grupo escultórico ‘Dionisos e Ampelos’, custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense).

Con respecto ao clima, esta denominación pertence á cunca do río Douro e, polo tanto, ten un microclima temperado mediterráneo de tendencia continental, con veráns cálidos e secos e invernos fríos. Con respecto aos solos, debemos indicar a existencia de tres tipos: lousa, areosa e arxilosa. Mentres que no caso das variedades protexidas temos preferentes (Godello, Treixadura, Doña Blanca, Mencía e Merenzao) e autorizadas (Araúxa, Sousón, Caíño tinto, Albariño, Branca de Monterrei, Loureira e Caíño branco).