Autor: atelier

· A apertura oficial deste Programa, desenvolvido en colaboración coa Galicia Business School, celebrouse esta mañá no Hotel Balneario de Laias

· O curso, no que participan 25 alumnos, impulsarase durante sete semanas nos meses de marzo e abril

Cenlle (Ourense), 07 de marzo de 2024.- A Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das I.X.P. Augardentes e Licores de Galicia (ACRUAGA) retoma, co respaldo da Xunta de Galicia a través do Igape e en colaboración coa Galicia Business School, a súa axenda formativa para os membros destes sectores produtivos galegos. Tras o éxito do Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas, impulsado hai dous anos, ACRUAGA activa agora un Programa de Experto en Marketing Dixital que, durante varias semanas, se celebrará nas instalacións do Balneario de Laias, no municipio ourensán de Cenlle.

No acto oficial de apertura deste Programa, que tivo lugar esta mañá, participaron o director da Área de Internacionalización do Igape, Augusto Álvarez-Borrás Massó; o director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga e o tesoureiro de ACRUAGA e presidente do C.R.D.O Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara.

Competitividade e internacionalización

Precisamente, no nome de ACRUAGA, Casares destacou que este Programa ten como obxectivo “contribuir a mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas, e tamén do sector da augardente e dos licores tradicionais”. Neste sentido, o Programa Experto en Marketing Dixital permitirá a os que o realicen obter un certificado profesional recoñecido en máis de 60 países do Digital Marketing Institute (DMI) de Dublín.

Casares destacou tamén que o Programa, no que participan 25 alumnos do sector vitivinícola e dos licores e augardentes de Galicia, pertencentes aos consellos reguladores que conforman ACRUAGA, propón ademais “adaptar e modernizar as estratexias de marketing e vendas para que as bodegas e destilerías de licores e augardentes de Galicia poidan competir eficazmente nun mercado global, cada vez máis orientado cara ao dixital”.

Neste sentido, a través dos seus contidos de “alta calidade”, impartidos por un cadro docente de “gran nivel”, trasladaranse aos alumnos “ferramentas e coñecementos necesarios para incrementar as vendas e as ganancias no mercado dixital”.

Cunha duración de 57 horas repartidas en sete sesión presenciais que terán lugar os xoves de 09,30 a 18,30 horas, o curso permite -grazas á certificación DMI- que os seus alumnos poidan seguir tendo, tras a súa conclusión, acceso a contidos actualizados, cursos e webinars relacionados co marketing, transformación dixital e innovación.

Na súa intervención, Álvarez-Borrás destacou que con iniciativas coma esta “os consellos reguladores atopan puntos en común e establecen sinerxías, sen esquecer os seus elementos diferenciadores”.

Sobre ACRUAGA

ACRUAGA, entidade que organiza a acción, naceu en 2021 para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia.

A entidade, que impulsa accións de difusión dos produtos amparados, pero tamén formativas (como é o caso do Programa inaugurado hoxe), está conformada por seis organismos: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

+ información

No foro, que comezou onte na capital francesa e se prolongará ata mañá, participan seis consellos reguladores cun stand conxunto (os cinco do viño e a II.GG Augardentes e Licores)

París, 13 de febreiro de 2024.- O espazo expositor da Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e as II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) en Vinexpo (París) espertou, onte, ao longo do día un grande interese e foron moitas as persoas que se achegaron ata o seu stand para poder degustar algúns dos viños, licores e augardentes máis emblemáticos da comunidade. Os cinco consellos reguladores do viño que existen en Galicia e o de augardentes e licores tradicionais dan a coñecer os seus produtos nunha acción promocional conxunta baixo o paraugas de ACRUAGA, entidade da que todos forman parte, que está respaldada pola Xunta de Galicia, a través do Igape.  Trátase da segunda vez, tras a experiencia de 2022, na que ACRUAGA participa neste relevante foro sectorial da capital francesa, que conclúe mañá.

Vinexpo

Vinexpo 2024 é uno dos primeiros grandes encontros internacionais do viño do ano. O sector vinícola e as bebidas espirituosas singularízanse nesta edición do salón francés por aumentar considerablamente o espazo dedicado á degustación de produtos internacionais (un 72% máis con respecto a 2023).

Con máis de 3.960 expositores que acudirán ao foro, procedentes de medio cento de países, Vinexpo tense convertido nun relevante punto de encontro, imprescindible para os profesionais ligados ao eido do viño e dos licores de todo o mundo.

O salón da capital francesa, que acada a súa V edición, consolídase ademais como un observatorio para divulgar e dar a coñecer as dinámicas actuais do sector, entre as que destacan a análise de novas tendencias de consumo ou a procura dun modelo de produción máis sostible.

+ información

Trátase dun dos foros sectoriais máis importantes de Europa e desenvolverase entre o 12 e o 14 de febreiro

Os territorios amparados galegos darán a coñecer os seus produtos da man de Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas e Augardentes de Galicia (ACRUAGA) e o apoio da Xunta a través do  IGAPE

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2024.- Ata 150 referencias de viños, augardentes e licores certificados polas cinco denominacións de orixe vitivinícolas e a de augardentes e licores tradicionais de  Galicia poderanse degustar dende este luns e ata o vindeiro mércores, no salón Vinexpo de París. Trátase dun dos foros sectoriais máis relevantes do mundo, no que os consellos reguladores galegos participan cun espazo expositor conxunto dentro dunha acción impulsada pola Xunta, a través do IGAPE, e a Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). O stand disporá de varios espazos para que cada consello poida exhibir, de modo individualizado, os seus produtos. Tras a experiencia de 2022, na que os nosos consellos acudiron por vez primeira todos xuntos ao foro da capital francesa, estes volven participar aliñados neste foro para promocionar unha mostra representativa dos seus produtos, amparados baixo cada un dos seus selos de calidade. En relación a esta acción promocional, o novo presidente da asociación, Antonio Lombardía, máximo responsable do Consello Regulador da Ribeira Sacra puxo en valor a relevancia do foro parisino “de cara a visibilizar e dar a coñocer a magnífica calidade dos viños e augardentes galegos elaborados con variedades autóctonas, que contribúen a crear Marca Galicia e, ao tempo, posúen singularidades específicas que os fan únicos e diferentes entre si”.

Sobre ACRUAGA

ACRUAGA, entidade que organiza a acción, naceu en 2021 para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia.  

A entidade, que impulsa accións de difusión dos produtos amparados, pero tamén formativas, está conformada por seis organismos: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais. de Galicia

Vinexpo

Vinexpo 2024 é uno dos primeiros grandes encontros internacionais do viño do ano. O sector vinícola e as bebidas espirituosas singularízanse nesta edición do salón francés por aumentar considerablamente o espazo dedicado á degustación de produtos internacionais (un 72% máis con respecto a 2023).

Con máis de 3.960 expositores que acudirán ao foro, procedentes de medio cento de países, Vinexpo tense convertido nun relevante punto de encontro, imprescindible para os profesionais ligados ao eido do viño e dos licores de todo o mundo.

O salón da capital francesa, que acada a súa V edición, consolídase ademais como un observatorio para divulgar e dar a coñecer as dinámicas actuais do sector, entre as que destacan a análise de novas tendencias de consumo ou a procura dun modelo de produción máis sostible.

+ información

Laias (Ourense), 07 de marzo de 2022.- O I Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas da Galicia Business School foi clausurado esta mañá no Hotel Balneario de Laias. O programa, impulsado pola Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga), contou co respaldo do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e foi completado con éxito por 25 persoas cuxa actividade profesional está ligada aos sectores do viño ou dos licores galegos.

A acción formativa, impulsada pola Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga), contou co apoio do IGAPE e foi realizada en colaboración coa Galicia Business School

Tal e como destacou  no acto de clausura o presidente de Acruaga, Juan Gil de Araujo, esta acción formativa evidencia a aposta que o eido do viño, das augardentes e dos licores tradicionais galegos realiza pola formación tanto para xerentes e propietarios de adegas como para traballadores.

En total, o programa ofertou 25 prazas que foron todas cubertas. O programa perseguía o obxectivo de favorecer a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas, e tamén do sector da augardente e dos licores tradicionais.

Formación e promoción

Potenciar a formación nos seus sectores de actividade e promover a internacionalización das adegas e empresas produtoras e comercializadoras de destilados galegos son dous dos obxectivos estatutarios da recén creada Acruaga.

O mes pasado, de feito, da man desta asociación que engloba aos consellos reguladores do viño, augardente e licores tradicionais de Galicia, un total de 100 adegas e 10 empresas comercializadoras participaron na feira Vinexpo, unha das máis importantes do sector vinícola de cantas se realizan en Europa.

Sobre ACRUAGA

A Asociación de Consellos Reguladores do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) constituíse para dar cobertura a un convenio de colaboración subscrito entre os cinco consellos reguladores vitivinícolas e o das augardentes e licores tradicionais de Galicia co IGAPE, co obxectivo de promocionar internacionalmente os viños e destilados amparados baixo os selos de calidade diferenciada de Galicia.

A entidade impulsa accións de formación e difusión dos produtos amparados polos seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

+ información

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022.- Un total de 100 adegas galegas e 10 empresas comercializadoras de augardentes e licores tradicionais, con máis de 130 referencias de viños brancos e tintos e destilados danse a coñecer estes días en Vinexpo, en París, na primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). É a primeira vez que se promocionan conxuntamente no exterior viños e augardentes autóctonos galegos, amparados baixo diversos selos de calidade.

Os seis consellos reguladores que conforman ACRUAGA exhiben estes días diferentes referencias de produto nun stand compartido na feira vinícola máis relevante da capital francesa

Para Juan Gil de Araujo, presidente de ACRUAGA, a posta en marcha en Vinexpo dun espazo expositivo común aos seis consellos reguladores, habilitado co apoio do Igape, permitirá “crear sinerxías” entre os distintos territorios amparados e apoiar “a internacionalización dos as nosas adegas e destilerías”. “Pensamos que colaborando e realizando conxuntamente diversas accións formativas e de promoción, poderemos conquistar novos mercados e afrontar o reto da internacionalización”, explica o presidente de ACRUAGA.

Vinexpo

Vinexpo, o evento insignia do grupo Vinexposium, é o primeiro gran encontro internacional do viño do ano. O sector do viño e as bebidas espirituosas, que non se reúne en París desde hai case dous anos, recibiu este ano con moita expectación Wine Paris & Vinexpo Paris, que conta durante tres días con 2.800 expositores de 32 países.

España ocupa o terceiro lugar por detrás de Francia e Italia, cun aumento da participación de todas as comunidades autónomas que participan neste gran evento dedicado á exportación, en particular Castela e León, Galicia e Castela A Mancha.

Sobre ACRUAGA

Hai uns meses creouse a Asociación de Consellos Reguladores do Viño Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia.

A entidade impulsará accións formativas e de difusión dos produtos amparados polas seis entidades incluídas na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais. de Galicia. Ademais de Vinexpo, os socios de Acruaga barallan participar en xuño na London Wine Fair, a feira do viño máis relevante de todas as que se celebran no Reino Unido.

+ información

Os consellos reguladores dos viños e augardentes galegos apostan pola formación continua e impulsan o Primeiro Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas

Cenlle (Ourense), 21 de outubro de 2021.-A recén creada Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das I.X.P Augardentes e Licores de Galicia (Acruaga) impulsa, co respaldo da Xunta de Galicia a través do Igape e en colaboración coa Galicia Business School, o Primeiro Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas, que esta mañá foi inaugurado no Hotel Balneario de Laias, na provincia de Ourense polo vicepresidente de Acruaga, José Luis García Pando; o director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga e o director do Área de Internacionalización do Igape, Augusto Álvarez-Borrás Massó.

 

Realízase co respaldo da Xunta de Galicia e en colaboración coa Galicia Business School

Tal e como salientou no acto o vicepresidente de Acruaga e presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando, esta acción formativa evidencia a aposta que o eido do viño, do augardente e dos licores tradicionais galegos realiza pola formación continua tanto para xerentes e propietarios de adegas como para traballadores.

En total, este programa oferta 25 prazas que foron todas cubertas. “Adecuar a formación ás necesidades das empresas, require dunha rigorosa análise para poder establecer unha axenda concreta, que dende Acruaga perfilaremos e cuxo desenvolvemento pode achegar importantes beneficios para todos, dotándoos dun maior desenvolvemento das súas capacidades”, destacou García Pando durante o acto de inauguración do curso.

 

Competitividade e internacionalización

Xunto a isto, contribuír a mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas, e tamén do sector do augardente e dos licores tradicionais constitúe outro dos obxectivos deste programa, a cargo da Galicia Business School. “Para lograr que as nosas adegas medren e desenvolvan o seu negocio a nivel internacional é necesario contribuír, dende a base, a profesionalizar a súa xestión. Neste sentido, este curso achegará ferramentas para capacitar ao empresariado do sector a xestionar os seus negocios profesionalmente, desenvolver accións de promoción exterior e definir e elixir estratexias gañadoras que fagan máis competitivas as súas empresas e reforcen as suas marcas de viño”, concluíu García Pando.

 

Un equipo con décadas de experiencia

Pola súa banda, dende Galicia Business School, o seu director Eduardo García Erquiaga destacou “o carácter práctico e vivencial desta formación. Todos os profesores son profesionais comerciais activos e pertencen ás mellores escolas de negocios. É un programa 100% empresarial e profesional. O programa servirá de guía e como base para a transformación das adegas participantes, que desenvolverán proxectos de mellora como resultado da súa participación no programa tutelado polos profesores de Galicia Business School”.

 

Contribuír a mellorar a competitividade e a internacionalización das adegas participantes é o seu obxectivo

“É un paso máis para vincular a nosa escola co sector: traballamos activamente no Plan Conxunto de Internacionalización da D.O. Gallegas e o noso equipo leva décadas de acompañamento nos plans estratéxicos do sector vitivinícola en Galicia”, asegurou.

+ información

Os consellos reguladores dos viños e augardentes galegos estudan accións de promoción conxuntas para realizar nos vindeiros meses

Ribadavia (Ourense), 10 de setembro de 2021.- Hai poucos meses púxose en marcha, co apoio do Igape, a Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das I.X.P. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) e, hoxe, en Ribadavia os seus integrantes mantiveron unha xuntanza de traballo para estudar accións que permitan promocionar conxuntamente os viños e augardentes galegos nos vindeiros meses.

Os responsables dos organismos mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo na sede do Consello Regulador do Ribeiro

Fundamentalmente, vanse promover accións formativas e divulgativas dos produtos amparados baixo os selos de calidade dos seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e o de Augardentes de Galicia.

 

Os seus responsables avogaron por poñer en marcha unha páxina web da Asociación coa finalidade de axudar a visibilizar o seu traballo e, paralelamente, apostouse por organizar en colaboración coa Galicia Business School un Programa Superior en Dirección de Empresas Vitivinícolas aberto ás adegas de cada un dos territorios amparados. O programa ofrece 25 prazas, catro por cada unha das denominacións de orixe, e no caso de que a demanda sexa máis alta estudarase a posibilidade de realizar unha segunda edición deste curso.

 

O Programa incidirá en aspectos clave para lograr a competitividade das adegas poñendo o foco na profesionalización da xestión, na definición de estratexias competitivas e na axuda á internacionalización.

 

Feiras sectoriais

Os responsables dos organismos reunidos hoxe baixo a marca ACRUAGA estudaron tamén en que feiras sectoriais máis significativas ter presenza, de cantas se van celebrar proximamente. Neste sentido, puxeron o foco na posibilidade de participar na feira Wine París – Vinexpo París ou na London Wine Fair, de Londres cun espazo expositor conxunto

+ información

A Asociación de CC.RR. Vitivinícolas Gallegos e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia define o programa de accións de promoción e formación para 2021

Verín, 30 de marzo de 2021.- A sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei acolleu, este martes, 30 de marzo, unha sesión ordinaria da xunta directiva da Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, dirixida a abordar as accións promocionais que se levarán a cabo este ano, así como todas as accións formativas que se prevé realizar neste período.

Nela, os presidentes dos Consellos Reguladores do Viño de Galicia e do I.G. Licores e licores tradicionais galegos (Juan Gil de Araújo, Juan Manuel Casares, José Manuel Rodríguez, José Luis García, José Antonio Feijóo e Lara Da Silva), tamén trataron cuestións relacionadas co funcionamento interno da devandita asociación,

A asociación do CC.RR. Os produtores galegos de viño e o I.G. Augardentes e licores tradicionais galegos creouse en 2019 para o desenvolvemento do proxecto denominado ‘Plan para a promoción internacional dos viños e augardentes de Galicia amparados pola denominación de orixe’ asinado co Instituto Galego de Promoción Empresarial (IGAPE).

Esta asociación está formada polas cinco denominacións vitivinícolas galegas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) e Indicacións xeográficas de augardentes e licores tradicionais galegos.

+ información