QUEN SOMOS

A Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e o I.G.P. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga) encárgase de promover, fundamentalmente, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), accións formativas, divulgativas e promocionais dos produtos protexidos baixo os selos de calidade das seis organizacións integradas nela: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e o de Augardentes de Galicia.

A misión de Acruaga é promover un plan conxunto para a internacionalización dos viños e augardentes galegos, que parte da acción común integral destas seis organizacións para participar activamente nun plan de promoción no exterior e que permita obter un maior coñecemento dos viños, das augardentes locais dos licores tradicionais por parte do consumidor final no país ou países nos que se decida implementar.

O obxectivo é fortalecer e intensificar a presenza nos mercados internacionais de viños, destilados e augardentes galegos, coa previsión dun incremento do 20% da súa cota de exportación, mediante o desenvolvemento dunha serie de accións de promoción, formación e asesoramento durante o período 2019-2021.

O Igape ten entre os seus obxectivos favorecer a saída a mercados exteriores das empresas galegas e a misión de Acruaga é promover un plan conxunto para a internacionalización dos viños e augardentes.

CONSEJOS REGULADORES

DO-Monterrei
DO-RiasBaixas
DO-Ribeira-sacra
DO-Ribeiro
DO-Valdeorras
DO-AguardentesELicores

PONTE EN CONTACTO CON NOSOTROS

Acruaga, como entidade con organigrama propio, é a Asociación de Consellos Reguladores da Vitivinicultura de Galicia e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.