O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas (II.XX.) das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia é o único organismo certificador de destilados de orixe vitivinícola existente en España. Avala a orixe da Augardente de Galicia e da Augardente de Galicia Envellecida, así como a Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia.