Categoría: GAL

No foro, que comezou onte na capital francesa e se prolongará ata mañá, participan seis consellos reguladores cun stand conxunto (os cinco do viño e a II.GG Augardentes e Licores)

París, 13 de febreiro de 2024.- O espazo expositor da Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e as II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) en Vinexpo (París) espertou, onte, ao longo do día un grande interese e foron moitas as persoas que se achegaron ata o seu stand para poder degustar algúns dos viños, licores e augardentes máis emblemáticos da comunidade. Os cinco consellos reguladores do viño que existen en Galicia e o de augardentes e licores tradicionais dan a coñecer os seus produtos nunha acción promocional conxunta baixo o paraugas de ACRUAGA, entidade da que todos forman parte, que está respaldada pola Xunta de Galicia, a través do Igape.  Trátase da segunda vez, tras a experiencia de 2022, na que ACRUAGA participa neste relevante foro sectorial da capital francesa, que conclúe mañá.

Vinexpo

Vinexpo 2024 é uno dos primeiros grandes encontros internacionais do viño do ano. O sector vinícola e as bebidas espirituosas singularízanse nesta edición do salón francés por aumentar considerablamente o espazo dedicado á degustación de produtos internacionais (un 72% máis con respecto a 2023).

Con máis de 3.960 expositores que acudirán ao foro, procedentes de medio cento de países, Vinexpo tense convertido nun relevante punto de encontro, imprescindible para os profesionais ligados ao eido do viño e dos licores de todo o mundo.

O salón da capital francesa, que acada a súa V edición, consolídase ademais como un observatorio para divulgar e dar a coñecer as dinámicas actuais do sector, entre as que destacan a análise de novas tendencias de consumo ou a procura dun modelo de produción máis sostible.

+ información

Trátase dun dos foros sectoriais máis importantes de Europa e desenvolverase entre o 12 e o 14 de febreiro

Os territorios amparados galegos darán a coñecer os seus produtos da man de Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas e Augardentes de Galicia (ACRUAGA) e o apoio da Xunta a través do  IGAPE

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2024.- Ata 150 referencias de viños, augardentes e licores certificados polas cinco denominacións de orixe vitivinícolas e a de augardentes e licores tradicionais de  Galicia poderanse degustar dende este luns e ata o vindeiro mércores, no salón Vinexpo de París. Trátase dun dos foros sectoriais máis relevantes do mundo, no que os consellos reguladores galegos participan cun espazo expositor conxunto dentro dunha acción impulsada pola Xunta, a través do IGAPE, e a Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). O stand disporá de varios espazos para que cada consello poida exhibir, de modo individualizado, os seus produtos. Tras a experiencia de 2022, na que os nosos consellos acudiron por vez primeira todos xuntos ao foro da capital francesa, estes volven participar aliñados neste foro para promocionar unha mostra representativa dos seus produtos, amparados baixo cada un dos seus selos de calidade. En relación a esta acción promocional, o novo presidente da asociación, Antonio Lombardía, máximo responsable do Consello Regulador da Ribeira Sacra puxo en valor a relevancia do foro parisino “de cara a visibilizar e dar a coñocer a magnífica calidade dos viños e augardentes galegos elaborados con variedades autóctonas, que contribúen a crear Marca Galicia e, ao tempo, posúen singularidades específicas que os fan únicos e diferentes entre si”.

Sobre ACRUAGA

ACRUAGA, entidade que organiza a acción, naceu en 2021 para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia.  

A entidade, que impulsa accións de difusión dos produtos amparados, pero tamén formativas, está conformada por seis organismos: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais. de Galicia

Vinexpo

Vinexpo 2024 é uno dos primeiros grandes encontros internacionais do viño do ano. O sector vinícola e as bebidas espirituosas singularízanse nesta edición do salón francés por aumentar considerablamente o espazo dedicado á degustación de produtos internacionais (un 72% máis con respecto a 2023).

Con máis de 3.960 expositores que acudirán ao foro, procedentes de medio cento de países, Vinexpo tense convertido nun relevante punto de encontro, imprescindible para os profesionais ligados ao eido do viño e dos licores de todo o mundo.

O salón da capital francesa, que acada a súa V edición, consolídase ademais como un observatorio para divulgar e dar a coñecer as dinámicas actuais do sector, entre as que destacan a análise de novas tendencias de consumo ou a procura dun modelo de produción máis sostible.

+ información
Ámsterdam (Holanda), 09 de novembro de 2022.- Ata a capital holandesa viaxaron referencias de viño de máis de 80 adegas galegas, así coma licores dunha ducia de empresas comercializadoras da comunidade autónoma, amparados baixo os selos de calidade dos consellos reguladores que conforman Acruaga, para participar nun acto de degustación no Van der Valk Hotel da cidade. Deste xeito, Ámsterdam convértese, tras París e Londres, na terceira capital europea na que os viños e destilados galegos se promocionan conxuntamente no que vai de ano.
Acruaga desenvolve esta acción promocional en colaboración coa Unión Española de Catadores (UEC), encargada de poñer en marcha o denominado I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Ámsterdam, que ao longo do día de hoxe se está a levar a cabo na cidade con gran afluencia de público. Neste salón participan un total de 110 marcas de viños e licores de Galicia, amparadas baixo os diversos marchamos de calidade autonómicos.
Segundo destaca Juan Gil de Araujo, presidente de Acruaga, “os Países Baixos representan un dos destinos máis atractivos para as exportacións de viños, augardentes, licores e destilados de Galicia”. Con este showroom conxunto, respaldado pola Xunta, a través do Igape, “pretendemos axudar ás adegas e empresas comercializadoras da comunidade autónoma a afianzar as súas vendas neste potente mercado europeo”.
Público especializado
O I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia de Ámsterdam pretende amosar a un público profesional a calidade e diversidade das elaboracións da Galicia vitivinícola, así coma as augardentes e licores que se fan no país. Acruaga activou esta acción promocional no marco do convenio asinado co Igape, cuxo obxectivo é promover a internacionalización dos viños e licores galegos a través de accións divulgativas e formativas conxuntas.
Un convenio que xa favoreceu que os viños e augardentes galegos se exhibiran baixo o mesmo stand, neste 2022, nas relevantes feiras sectoriais Vinexpo (París), no mes de febreiro, e London Wine Fair (Londres), en xuño.
 
+ información

Cenlle (Ourense), 04 de novembro de 2022.- Un total de 25 representantes de adegas amparadas baixo os diferentes selos de calidade dos consellos reguladores de viños e augardentes galegos participaron hoxe no balneario de Laias, en Cenlle (Ourense), nunha xornada formativa en enoloxía homologada pola Wine & Spirit Education Trust (WSET). Esta acción foi impulsada dende a Asoicación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.XX Augardentes e Licores de Galicia (Acruaga), con respaldo da Xunta de Galicia, a través do Igape, e impartida por Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy.

A iniciativa enmárcase nas accións de formación para o apoio á internacionalización do sector, que Acruaga impulsa co apoio do Igape. Unha das principais actividades formativas promovidas pola Asociación, no último ano, foi un programa orientado a directivos de empresas vitivinícolas e impartido por docentes da Galician Business School. Neste 2022, as accións formativas de Acruaga culminan coa organización do curso celebrado hoxe, que se corresponde cun nivel 1 da WSET (cualificación de nivel 1 en viños WSET).

“Trátase dun curso de introdución para explorar os principais estilos de viño de forma práctica, desenvolvendo as habilidades sensoriais para describilos e elaborar maridaxes”, destaca Juan Gil de Araujo, presidente de Acruaga.

Aposta pola formación continua

Promover a excelencia, a internacionalización e a formación continua son parte dos obxectivos da asociación que aglutina aos cinco consellos reguladores de viños galegos e ao de augardentes. Neste sentido, o presidente de Acruaga abonda que a acción formativa desenvolvida ao longo do día de hoxe “dá reposta a unha forte demanda interna, por parte das adegas, de realizar en Galicia un curso homologado por WSET”.

WSET (Wine & Spirit Education Trust) é unha organización con sé en Londres e estendida por todo o mundo que conseguiu converterse en referencia mundial na formación do viño. Os seus cursos caracterízanse por estar orientados a un enfoque internacional de viño.

+ información

Londres (Reino Unido), 8 de xuño de 2022 O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, achegouse hoxe, por segunda xornada consecutiva, ao London Wine Fair 2022, para apoiar a promoción dos viños e augardentes galegos neste certame internacional.

No seu percorrido polos diferentes postos desta feira, o conselleiro reafirmou o compromiso e apoio da Xunta ao sector vitivinícola galego, que se manifesta -salientou- mediante iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia. Esta ferramenta, elaborada pola Xunta en colaboración coa Fundación Juana de Vega, as universidades galegas e os axentes do propio sector, foi definida por González como unha “folla de ruta” para o futuro destas producións.

Entre outras moitas actuacións, esta Estratexia deseña diferentes medidas para favorecer a internacionalización dos viños da nosa comunidade. Moitas delas vinculadas especialmente coa súa promoción nos diversos mercados, a través, por exemplo, da presenza en feiras e eventos como este que se celebra ata mañá xoves na capital británica e no que participan preto de 120 adegas e outras empresas comercializadoras de viños e augardentes galegos.

A organización de viaxes de familiarización a Galicia de prescriptores e especialistas do mundo do viño -xornalistas, blogueiros e expertos- constitúe outra das vías para favorecer esa internacionalización, así como o reforzo da presenza dos produtos galegos en publicacións especializadas.

Lei da calidade alimentaria

A todo este labor súmase, tal e como destacou o conselleiro, a futura Lei da calidade alimentaria, que vai impulsar de maneira notoria as producións agroalimentarias galegas en xeral, entre elas os nosos viños e augardentes. Así, González afirmou que esta norma ten como principal obxectivo procurar unha nova dimensión no mercado nacional e internacional para os produtos galegos, favorecendo ao tempo o desenvolvemento local, a creación de emprego e a diversidade produtiva, así como proporcionando ás persoas consumidoras todas as garantías.

Nesta feira de Londres teñen presenza tanto as indicacións xeográficas protexidas de augardentes e licores de Galicia como as cinco denominacións de orixe vitivinícolas da nosa comunidade, que son as de Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras e Rías Baixas. Esta última é a máis exportadora das galegas e ten no británico o seu segundo mercado internacional máis importante (despois de Estados Unidos), cunhas exportacións ao Reino Unido de algo máis de 2,4 millóns de litros no último exercicio e cun incremento do 13,6% en relación coa anterior campaña.

+ información

Santiago de Compostela, 05 de xuño de 2022.- Un total de 120 adegas galegas e oito empresas comercializadoras e destilerías de augardentes e licores tradicionais darán a coñecer preto de 150 referencias de viños brancos e tintos e tamén de destilados entre o 7 e o 9 de xuño na London Wine Fair, un dos foros de promoción vinícola máis relevantes de Europa que se celebra na capital británica.

Trátase da segunda acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA), tras a experiencia do pasado mes de febreiro en París, na Feira Vinexpo, que foi “todo un éxito” segundo recalca o presidente desta entidade, Juan Gil de Araujo.

“Esta acción promocional e divulgativa dos viños, augardentes e licores tradicionais galegas é posible grazas ao decidido apoio do IGAPE”, salienta Gil de Araujo. O presidente de ACRUAGA considera tamén que a promoción conxunta dos viños, licores e destilados galegos nalgúns dos foros máis importantes do continente, como é  o caso da London Wine Fair, axuda a promover a internacionalización dos “magníficos produtos que elaboran en Galicia as nosas adegas e destilerías” e a por en valor “os diferentes territorios amparados da nosa Comunidade Autónoma”.

“Os viños en Galicia son diversos segundo a zona na que se elaboran e as variedades que lle dan corpo, pero estas diferenzas lonxe de restar, suman, e permiten trasladar no exterior a idea de que contamos cunha ampla gama de paisaxes, territorios e modos de facer  que nos permiten crear viños diferentes, que sorprenden pola súa franqueza e non deixan indiferentes aos consumidores”, abonda o presidente de ACRUAGA.

London Wine Fair

Tras a pandemia, a London Wine Fair recupera o seu carácter presencial entre o 7 e o 9 de xuño de 2022. Está previsto que máis de 14.500 profesionais ligados ao eido do viño e das bebidas espirituosas participen nesta edición do foro, un dos máis relevantes de cantos se celebran en Europa.

+ información

Boqueixón (A Coruña), 15 de marzo de 2022.- A Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga), constituida para dar cumprimento ao convenio suscrito entre o IGAPE e os cinco consellos reguladores vitivinícolas e o das indicacións xeográficas da augardente e dos licores tradicionales de Galicia para a promoción internacional dos produtos amparados baixo estes selos de calidade diferenciada, celebrou hoxe unha asemblea xeral no Pazo de Quián, en Boqueixón, para renovar o seu equipo de goberno. 

Por unanimidade, decidiuse prorrogar os cargos actuais ata as vindeiras eleccións dos consellos reguladores. Así, Juan Gil de Araujo, presidente da D.O. Rías Baixas, seguirá sendo presidente da asociación, mentres que José Luis García Pando, presidente da D.O. Valdeorras, renovará como vicepresidente do organismo.

Tras a asemblea xeral, en xunta directiva Acruaga, dirixida polo equipo reitor, decidíronse as seguinte saccións formativas, promocionais e informativas que desenvolverá, entre as que salientan a posta en marcha, no último trimestre do ano, do II Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas en cooperación coa Galicia Business School. Ao igual que a primeira edición, esta nova quenda do programa persegue o obxectivo de favorecer a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas e tamén do sector do augardente e dos licores tradicionais.

Participación na London Wine Fair

A Asociación de Consellos Reguladores do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, decidiu tamén hoxe proponer ao IGAPE a participación cun stand promocional conxunto na próxima London WineFair, o foro vinícola máis importantes de cantos se celebran no Reino Unido, no mes de xuño.

En paralelo, estudará a posible celebración dun acto promocional, tamén conxunto, en Lisboa, así como a posibilidade de promover unha misión inversa traendo aos diferentes territorios amparados galegos a xornalistas de prestixio relacionados co eido do viño e dos licores, e a outros prescritores. 

Para todo isto, a entidade contará en 2022 con máis de 330.000 euros de orzamento, un presuposto que procede na súa meirande parte do IGAPE e que permitirá tamén acudir en 2023 a unha nova edición de Vinexpo, en París.

Acruaga impulsa accións de formación e difusión dos produtos amparados polos seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. 

+ información

Laias (Ourense), 07 de marzo de 2022.- O I Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas da Galicia Business School foi clausurado esta mañá no Hotel Balneario de Laias. O programa, impulsado pola Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga), contou co respaldo do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e foi completado con éxito por 25 persoas cuxa actividade profesional está ligada aos sectores do viño ou dos licores galegos.

A acción formativa, impulsada pola Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Acruaga), contou co apoio do IGAPE e foi realizada en colaboración coa Galicia Business School

Tal e como destacou  no acto de clausura o presidente de Acruaga, Juan Gil de Araujo, esta acción formativa evidencia a aposta que o eido do viño, das augardentes e dos licores tradicionais galegos realiza pola formación tanto para xerentes e propietarios de adegas como para traballadores.

En total, o programa ofertou 25 prazas que foron todas cubertas. O programa perseguía o obxectivo de favorecer a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas, e tamén do sector da augardente e dos licores tradicionais.

Formación e promoción

Potenciar a formación nos seus sectores de actividade e promover a internacionalización das adegas e empresas produtoras e comercializadoras de destilados galegos son dous dos obxectivos estatutarios da recén creada Acruaga.

O mes pasado, de feito, da man desta asociación que engloba aos consellos reguladores do viño, augardente e licores tradicionais de Galicia, un total de 100 adegas e 10 empresas comercializadoras participaron na feira Vinexpo, unha das máis importantes do sector vinícola de cantas se realizan en Europa.

Sobre ACRUAGA

A Asociación de Consellos Reguladores do Viño, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) constituíse para dar cobertura a un convenio de colaboración subscrito entre os cinco consellos reguladores vitivinícolas e o das augardentes e licores tradicionais de Galicia co IGAPE, co obxectivo de promocionar internacionalmente os viños e destilados amparados baixo os selos de calidade diferenciada de Galicia.

A entidade impulsa accións de formación e difusión dos produtos amparados polos seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

+ información

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022.- Un total de 100 adegas galegas e 10 empresas comercializadoras de augardentes e licores tradicionais, con máis de 130 referencias de viños brancos e tintos e destilados danse a coñecer estes días en Vinexpo, en París, na primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). É a primeira vez que se promocionan conxuntamente no exterior viños e augardentes autóctonos galegos, amparados baixo diversos selos de calidade.

Os seis consellos reguladores que conforman ACRUAGA exhiben estes días diferentes referencias de produto nun stand compartido na feira vinícola máis relevante da capital francesa

Para Juan Gil de Araujo, presidente de ACRUAGA, a posta en marcha en Vinexpo dun espazo expositivo común aos seis consellos reguladores, habilitado co apoio do Igape, permitirá “crear sinerxías” entre os distintos territorios amparados e apoiar “a internacionalización dos as nosas adegas e destilerías”. “Pensamos que colaborando e realizando conxuntamente diversas accións formativas e de promoción, poderemos conquistar novos mercados e afrontar o reto da internacionalización”, explica o presidente de ACRUAGA.

Vinexpo

Vinexpo, o evento insignia do grupo Vinexposium, é o primeiro gran encontro internacional do viño do ano. O sector do viño e as bebidas espirituosas, que non se reúne en París desde hai case dous anos, recibiu este ano con moita expectación Wine Paris & Vinexpo Paris, que conta durante tres días con 2.800 expositores de 32 países.

España ocupa o terceiro lugar por detrás de Francia e Italia, cun aumento da participación de todas as comunidades autónomas que participan neste gran evento dedicado á exportación, en particular Castela e León, Galicia e Castela A Mancha.

Sobre ACRUAGA

Hai uns meses creouse a Asociación de Consellos Reguladores do Viño Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia.

A entidade impulsará accións formativas e de difusión dos produtos amparados polas seis entidades incluídas na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais. de Galicia. Ademais de Vinexpo, os socios de Acruaga barallan participar en xuño na London Wine Fair, a feira do viño máis relevante de todas as que se celebran no Reino Unido.

+ información

Os consellos reguladores dos viños e augardentes galegos apostan pola formación continua e impulsan o Primeiro Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas

Cenlle (Ourense), 21 de outubro de 2021.-A recén creada Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das I.X.P Augardentes e Licores de Galicia (Acruaga) impulsa, co respaldo da Xunta de Galicia a través do Igape e en colaboración coa Galicia Business School, o Primeiro Programa Superior en Dirección e Xestión de Empresas Vitivinícolas, que esta mañá foi inaugurado no Hotel Balneario de Laias, na provincia de Ourense polo vicepresidente de Acruaga, José Luis García Pando; o director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga e o director do Área de Internacionalización do Igape, Augusto Álvarez-Borrás Massó.

 

Realízase co respaldo da Xunta de Galicia e en colaboración coa Galicia Business School

Tal e como salientou no acto o vicepresidente de Acruaga e presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando, esta acción formativa evidencia a aposta que o eido do viño, do augardente e dos licores tradicionais galegos realiza pola formación continua tanto para xerentes e propietarios de adegas como para traballadores.

En total, este programa oferta 25 prazas que foron todas cubertas. “Adecuar a formación ás necesidades das empresas, require dunha rigorosa análise para poder establecer unha axenda concreta, que dende Acruaga perfilaremos e cuxo desenvolvemento pode achegar importantes beneficios para todos, dotándoos dun maior desenvolvemento das súas capacidades”, destacou García Pando durante o acto de inauguración do curso.

 

Competitividade e internacionalización

Xunto a isto, contribuír a mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas vitivinícolas galegas, e tamén do sector do augardente e dos licores tradicionais constitúe outro dos obxectivos deste programa, a cargo da Galicia Business School. “Para lograr que as nosas adegas medren e desenvolvan o seu negocio a nivel internacional é necesario contribuír, dende a base, a profesionalizar a súa xestión. Neste sentido, este curso achegará ferramentas para capacitar ao empresariado do sector a xestionar os seus negocios profesionalmente, desenvolver accións de promoción exterior e definir e elixir estratexias gañadoras que fagan máis competitivas as súas empresas e reforcen as suas marcas de viño”, concluíu García Pando.

 

Un equipo con décadas de experiencia

Pola súa banda, dende Galicia Business School, o seu director Eduardo García Erquiaga destacou “o carácter práctico e vivencial desta formación. Todos os profesores son profesionais comerciais activos e pertencen ás mellores escolas de negocios. É un programa 100% empresarial e profesional. O programa servirá de guía e como base para a transformación das adegas participantes, que desenvolverán proxectos de mellora como resultado da súa participación no programa tutelado polos profesores de Galicia Business School”.

 

Contribuír a mellorar a competitividade e a internacionalización das adegas participantes é o seu obxectivo

“É un paso máis para vincular a nosa escola co sector: traballamos activamente no Plan Conxunto de Internacionalización da D.O. Gallegas e o noso equipo leva décadas de acompañamento nos plans estratéxicos do sector vitivinícola en Galicia”, asegurou.

+ información